lunes, 2 de noviembre de 2015

Rua do Almirante nº 20

     


Era noite xa.  A neboa abrazava os predios e envolvia a pouca xente que andava pela rua. Do escuro viña un xeo de arrepio. O alento era fume.  Lá o fundo da estrada vem chegando o senhor doutor co seu paso  lento, co seu  cansazo no andar,  abaneando dun lado para  outro. Trai  meixelas cor vermello e bigode ablancuxado pelo xeo do ambente. Os ollos húmidos, mesmo parecem chorar.  Vem chegando como pode  rabuñando  entre a  neboa. Olla a direita e esquerda, avanza e cruza a pasaderia, nin coches pasam. Xa está na outra margem da estrada,  na beirarrua dos números pares. Xa chegou o número vinte, en pouco vai  apretar no botón sen esperar resposta de de seguido  subir unhas vellas escadas de madeira. Os seus pasos son bem marcados pelo renxer das taboas xa velliñas que van dando  queixadelas e sinais do paso do tempo. 

       O senhor doutor em breve petara muito suave na porta do primeiro e único andar e dona Margarida estará diante dele cum sorriso feliz ó tempo que lle abre a porta, sen dizer nada, só o sóu doce ollar. Sobran as palavras, fai quince días que está á esperar a sua visita, como  cada quince días exactamente dende fai xa  quince anos.


     Fora, a cidade parece ainda mais triste e cinzenta.   A soidade  e o oscuro son  a única compañia  que se pode encontrar na rua do Almirante. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios: