Mostrando entradas con la etiqueta Cunqueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cunqueiro. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de junio de 2023

Cunqueiro e o seu livro de cocinha

  

Imagen

 Nas casas dos judeus dizem que sempre há uma Biblia, tal vez poder-se-ia dizer que  não há casa rural galega, já seja mais fidalga ou de simples labrega de pequena aldeia,  na que  não hajá  o livro de Cunqueiro da "cocina gallega". Postado num velho chineiro que preside a sala de cocinha, ou num estante feito na  velha parede granítica, ou bem guardado num caixão do armario das potas e culheres, a nossa vista atópa-se a miudo co emblemático livro. Poder-se-ia dizer que é um símbolo mais do Reino da Galiza atual.

      Moitos,  já coas follas soltas,  outros coas tapas lambidas , ernacadas e desbeiçadas nos bordes, pelo paso do tempo e o seu moito uso alí na mesma cocinha como um utensilio mais. Para um visitante  é  um saúdo de confiança o visitante  o sentir que através daquel elemento comuúm, surge uma  ligação afectiva   com aquela casa. Pois também tenhem o livro do Cunqueiro.

      Receitas fáciles, axustados os productos da terra, innovadoras em pequenas cousas para complementarem os  pratos  de toda a vida. Mas  agora,  eses conhecementos culinarios orais e da costume, ficam alí escritos para recordar. Este livro  foi  para os nossos pais, nos seu inicios de casais familiares, lá pelos anos setenta uma modernidade e um  asedeiro de recordos  que lhe ajudava e  dava  confiaça  para quando tiverem  de agasalhar uma visita ou uma  celebração habitual familiar. Acertou Cunqueiro e o seu livro formou parte de moitas boas comeratas e convívios gastronómicas de amigos e familiares. Um recordo para um livro que ainda segue  por aqui fazendo-nos companhia para ser consultado e reflolhado. Mas também,  para contravindo a lei do passo do tempo, não conseguirom  assassinâ-lo,  nem  os espectáculos televisivos de chefs e artistas-concinheiros , nem a tamanha  informação que nos chega hoje em día.  para agrandar a  nossa cultura culinaria. 

 

Imagen 

       

    Opiniões varias que suscribo, evidentemente.   (Manuel Gago twiter)

       Assim de súpeto, aparesce na minha vista um dos livros fundamentais da vida galega moderna. Lá pelo ano 1973 ese genio das letras que foi don Alvaro Cunqueiro, fixo um magnífico livro de receitas de cocinha das de andar por casa, as que sempre se fi

     Preparando agora unha conferencia, reparei no impacto que este libro, publicado por vez primeira en 1973, e desde entón con gran éxito, tivo na construción da identidade galega moderna, e nos inicios da autonomía. Os libros e as épocas van sempre intimamente conectados.

     Hoxe a gastronomía é un dos factores máis fortes da nosa identidade, un dos poucos que une xeografías, clases sociais e, no caso da cociña tradicional, mesmo ideoloxías. Crea consensos. Pero hai unhas décadas non existía a 'cociña galega'. Había 'cociña popular'. Que é distinto.

    O texto sobre o viño que fai Cunqueiro é unha absoluta obra mestra. Aparte de ser un documento do viño xusto antes das DOs, é o mellor uso literario da técnica da 'cata popular' que facían os paisanos. Esa que describe os viños con trazos psicolóxicos coma se foran persoas.

 

lunes, 10 de abril de 2017

Lleveme a Mondoñedo

  Imagen
  Alvaro Cunqueiro o escritor  gran fabulador, excelente prosista  e  controvertido personaxe para algúns é en todo caso o gran amante e defensor da lingua galega. Ten  a gloria, indubitada, dos grandes personaxes do altar literario galego.

        Depois da guerra, o poder estaba nas maus dos franquistas, e  Cunqueiro faille as beiras o novo rexime ou mellor dito a nova forma de vida. É a  adaptación o  novo modus vivendi.   Cunqueiro comeza facendo un pequeno jornal en Santa Marta de Ortigueira no que escribían varios colaboradores, todos eles como se de Pessoa estivesemos a falar eran  nomes heterónimos do propio  Cunqueiro. Ele só facia o jornal, chamdo  ERA AZUL. O xornal é um trampolín pra chegar o ABC en  Madrid. 

      Xa en Madrid, bulindo e facendose coñecido , consegue que  o Ministro de Asuntos exteriores francés lle faga unha encomenda. Dar publicidade da Francia a través de informacions e artigos nos medios madrileños. Todo co obxectivo   de cambiar  e potenciar a imaxen  decaida de Francia na España daquela altura. O réxime  era de moi de pecharse  en si mesmo e divulgar defeitos dos outros e ainda mais dos viciños. 
      
       CUNQUEIRO, consegue que lle den oito mil pesetas, un pastón  para os anos da fame da postguerra. O mesmo tempo poñenlle a sua disposición un coche e un chófer, un luxo reservado pra uns poucos. 

       Cando CUNQUEIRO recebe o  coche,  toma unha  primeira e rápida decisión e dille o conductor: 

        LLEVEME A MONDOÑEDO. E lá foi.

       O traballo encomendado  non avanza non se publica nada, non consigue  a influencia que os franceses creían e nen un so artigo se publica. 
        Os franceses, achan-se estafados,  denunciano e Cunqueiro cai en desgraza en Madrid. Botano do ABC, e pechanlle todas as portas do  xornalismo madrileño. Alén diso, se non fora dabondo,  a falanxe quere expulsala do partido falanxista. Non pudo ser expulso porque   descobrese que nunca estivera afiliado, ainda que todo o mundo daba por feito o seu falanxismo practicante, ainda que fora daquela maneira. 
        Así  era Cunqueiro fabulador tamén na vida real.