Mostrando entradas con la etiqueta historia Galiza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia Galiza. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de abril de 2024

Fernando II de Galicia e a opinião de Alexandre Herculano

 
A letura dos livros “Os Reis de Galicia” de Don Anselmo Lopez Carreira, da editorial A Nosa Terra, e “Porqué caiu a Galiza?” de Don Jose Manuel Barbosa, anímanos a seguir aprendendo e disfrutando da nosa historia e dos nosos reis, que nos foron agochados, roubados e negados durante tantos anos…
FERNANDO II reinou dende o 1.157 ata o 1.188. Fillo de Afonso VII o Emperador e de Berenguela de Barcelona, naceu en Toledo no ano 1.137. Ainda que reinou nos terreos de Galicia-León, sempre loitou para recuperar os anteriores dominios de seu pai da Coroa Galaica, cuio poder imperial e prestixio son recoñecidos internacionalmente e quedan reflexados en documentos como Anais de Cambray, por exemplo. Unha vez dividida a Coroa de seu pai, Fernando II veuse “atrapado” na cidade de León entre Castela polo Este e Portugal polo Oeste. Con visión política, casa en 1.165 con Urraca, filla de Afonso I rei de Portugal, con quen tivo un fillo, Afonso (futuro rei Afonso VIII). Como non, Roma e o seu Papa dirixian na sombra a política internacional, e dende a morte do bispo Xelmirez, Compostela e Galiza xa non eran tan respetadas, pero seguían sendo igualmente temidas pola sua tremenda influenza. O Papa Alexandre III dictou nulo o matrimonio entre Fernando II e Urraca de Portugal, poñendo como excusa que eran curmans e deixando nunha mala postura o futuro do fillo Afonso e da propia Coroa Galaica. O fin perseguido polo Papado era o de sempre: engrandecer a eigresa de Toledo e Castela e minorizar a Compostela e Galiza. Separado xa da princesa, houbo moitas hostilidades e batallas con Portugal, que ademais de reclamar Toroño, Tui e Limia, ansiaba expandirse mais. O asedio a Badaxoz foi conducido polo portugués Geraldo Sem Pavor, mandado por Afonso I, que logo tamén él se achegou a cidade para acabar de arrebatarlla os musulmans; pero víronse sorprendidos pola chegada das tropas galaico-leonesas lideradas por Fernando Rodrigues de Castro, Mordo-mor do rei, e perdoado xa por Fernando II da sua rebelión en Cidade Rodrigo. Déronse os portugueses a fuxa, e o rei Afonso I bate coa perna nun ferro que sobresaía na apertura da porta da muralla, rompendo a perna e sendo feito preso polos cavaleiros galaico-portugueses. Levado ante Fernando II, este reclamou que foran devoltos a Coroa Galaica os territorios ocupados por Portugal así como Badaxoz e que outras ciudades lle foran devoltas a Fernando Rodrigues de Castro. Estando en Tui Fernando II en marzo de 1.170, reúne a Corte pra trasladar esta cidade a un lugar mais seguro e defendible e no que, según consta nun documento conservado no Arquivo da Catedral de Tui, aconteceu un feito moi importante: foi a primeira vez que os burgueses da cidade acudiron e tiveron voz e voto nun “parlamento”,polo tanto, A ORIXEN DO PARLAMENTARISMO GOVERNANTE ESTIVO EN TUI, na Galiza, e non na Carta Magna Inglesa como pretende enseñar a historiografía oficial interesada. E tamén tempo despois, na Corte celebrada na cidade de León en 1.188 convocada por Afonso VIII (fillo de este rei Fernando II) se concedeu este privilexio tamén os burgueses, como consta no documento “Decreta Legionensis”.
Fernando II casa en segundas nupcias con Terexa Fernandes, filla do Conde Fernando Peres de Traba (tutor do rei) e de Terexa Afonses, nai de Afonso I de Portugal, e polo tanto, media irmán do rei de Portugal. Neste “xogo de tronos”, Fernando II e Afonso I acaban sendo cuñados, nunha búsqueda incesante de alianza e entendimento entre os reinos. A mala sorte acompaña o rei galaico, pois apenas 2 anos despois da voda, en febreiro de 1.180, Terexa more no parto do fillo de ambos. No ano 1.179, os reis Afonso I de Castela e Afonso I de Portugal pactan un ataque conxunto contra a Coroa galaico-leonesa, no que gañan e obrigan a Fernando II a firmar o Tratado de Paz de Medina de Rio Seco en 1.181, e onde se establecían as fronteiras dende a morte do emperador Afonso VII. Tivo Fernando II moitos problemas tamén con Martiño Martins durante anos, bispo de Compostela, o cual destitueu e encerrou no Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Finalmente, no ano 1.167, o rei cede as peticions do Papa e repuso a Martiño na Sé Compostelana, que morreria no ano seguinte. Seria nomeado sucesor Pedro Gudesteis co apoio Papal (ao cual coñecia o rei dende a sua nenez) e que duraría 6 anos no posto. Gudesteis será sustituido en 1.173 por Pedro Soares de Deza, anterior bispo de Salamanca, e co que o rei fundara un grupo de cavaleiros fieis, a Orden dos Cavaleiros de Santiago. Ainda que o Mestre Mateo fora contratado en vida do bispo Pedro Gudesteis, foi co bispo Pedro Soares cando se fan as obras mais significativas da Catedral de Santiago. O impresionante Pórtico da Gloria non se empezou ata un pouco antes da morte de Fernando II, e non se acabaría ata moi entrado o reinado do seu fillo Afonso VIII. Foi este gran bispo Pedro Soares o que consigueu a bula “Regis Eternis” que lle concedia a Compostela o Xubileo : todos aqueles fieis que visitaran a Catedral de Santiago no Ano Xubileo, gañaban a indulxencia plena e eran perdoados todos os seus pecados (o Ano Xubileo e aquel no que o dia 25 de xullo coincide nun domingo). O primeiro Ano Xubileo Compostelán coñecido e celebrado dende toda Europa foi en 1.182. Pese a Roma, aos Papas e as puñaladas pola espalda, Santiago seria ainda mais e xa POR SEMPRE, centro da Peregrinación da Cristiandade e un incuestionable e influiente núcleo cultural, artístico, político, mercantil e de intercambio con todo o continente.
Cando Fernando II conta con 50 anos, casa en terceiras nupcias con Urraca Lopes de Haro, filla de Dulce Rodrigues de Castro, unha importante familia basca que fuxia de Castela por razons políticas. Un dos mallores logros de este rei, foi o de impulsar as ciudades galegas, dotando de Cartas Forais os centros urbáns que os protexian fronte os abusos feudais. Non só a arquitectura alcanzou un gran esplendor con él, tamén vai a expandirse a lírica dos cancioneiros.
Fernando II morre en Benavente o 22 de xaneiro de 1.188. O seu corpo foi secuestrado pola sua muller raiña Urraca Lopes, e enterrado en León en contra dos desexos do rei. Recuperado o corpo de seu pai, Afonso VIII encárgase do seu traslado a Catedral de Compostela, descansando no seu Panteón Real.
 
 
 
Alexandre Herculano (Lisboa, 1810 - Santarem, 1877), foi membro da Académia das Ciencias de Lisboa sendo um dos intelectuais románticos e historiadores máis importantes de Portugal em todo o século XIX. Herculano, deixou um ensaio cum prólogo com caráter moralista adicado a Galiza e ao povo galego, chamado;

O Galego
(Vida, Ditos e Feitos de Lázaro Tomé)

"
É assim que historicamente o galego é ovo; ovo desta monarquia de Portugal. Afora o nome, ela herdou de Galiza bom quinhão de território, parte da população, os mais ilustres nomes da sua velha aristocracia, muitos costumes, e finalmente a língua, que hoje senhoril e desdenhosa olha com sobranceria para o antigo dialeto que lhe deu origem, falta de piedade filial mais que muito repreensível, e que eu quisera ver bem zurzida pelos atravessadores, espevitadores e esfoladores da moral pública destes remos e senhorios, onde nenhuma criatura, que saiba o nome aos bois em história, pode volver os olhos para o extremo horizonte do nosso passado, que não enxergue, ao cabo lá, a Galiza. [...]

Mas se o valor da palavra galego como expressão do mito mourisco e do ovo português desperta as cogitações do filósofo, a que graves e profundos pensamentos nos não conduz como representante de um fenômeno social dos tempos modernos!?, que maravilhas nos não faz suspeitar!?, que estudos substanciais e indefessos não exige de nós para sondarmos os seus arcanos!?, em que pélago de meditações ilimitadas nos não deixa absortos!? Não sei se alcançarei alçar ama ponta do véu que encobre tantos mistérios, mas o que sei de certo é que só por havê-lo tentado o meu nome não morrerá, e a minha sepultura será coberta de flores pelas mãos da posteridade respeitosa e agradecida."
Alexandre Herculano.
 
Estandarte do Reino de Galiza prepresentado en 1515 no "Gran carro triunfal de Maximiliano I "
 

 

Historia do Reino de Galicia en 10 Minutos.

jueves, 28 de marzo de 2024

A identidade Galego-Portuguesa na Idade Media

II.   A identidade compartida na Idade Media duma  nacionalidade galego-portuguesa.      


           Há uma ideia partilhada no estudo da  Idade Media : Há uma  identidade  cultural-política duma nacionalidade galego-portuguesa. Na historiagrafia  española e portuguesa,  nega-se esta existencia. É  evidente para historiografia oficial  que Espanha nasce com os visigodos e Portugal tira dos lusitanos.Uns e os outros ficam de  costas viradas   com a realidade desa identidade galego-portuguesa medieval. Em Portugal esta historiografía oficial  está representada por Matosso que  identifica a origem cultural e medieval portuguesa a partir da Lusitánia. É a tendência maioritaria. Pela banda contraria  Herculano considera  a Galiza como a existencia preexistente do que foi Portugal. Herculano chegará a sintetizar em resposta os origens da formação do reino português : “somos fruto do genio galego”.Este genio galego  abrangia os  habitantes do que hoje chamamos Galiza, e outros territorios da atual Espanha junto com os portugueses de hoje  entre Minho e Douro. Forom os habitantes desa identidade cultural e social galaico-portuguesa quem criou Portugal.
     Para entendermos só um bocado desta ideias, demos uma vista de olhos sobre uma personagem  que sintetiza bem  o momento histórico. Teresa de Portugal, para outros Teresa de Leão, também Teresa da Galiza e a mãe de Afonso Henriques o primeiro rei de Portugal e vencedor na batalha de São Mamede em Guimarães.Teresa naceu em Povoa de Lanhoso, casou com Henrique de Borgonha, era a senhora da Galiza até Coimbra.  Teresa não distinguia terras de origem lusitana de outras de além Minho. Todo era um mesmo magma cultural e social e político no rexime feudal daquela altura controlado ou coordinado dende o Reino de Leão. Poderíamos avançar mais na historia para vermos a evolução da criação do reino de Portual,  o papel da Igreja católica romana e o papel de Cluny abadía protegida por Alfonso VI de Leão o emperador. Todo eso e a separação política dos territorios e o papel da Reconquista contra os mouros,os reis católicos, a batalha de Toro etc.  seríam pontos importantes para fazermo-nos a ideia do que aquí se tenta explicar.




fonte.





jueves, 15 de febrero de 2024

Galegos pela historia. Reimundo de Borgonha.

 

 

 

 

 undefined 

 imaxe de Reimundo no Tombo da Catedral de Compostela. 

 

 
O CONDE REIMUNDO, ainda que NON foi rei, o noso querido Don Anselmo engadeo na lista pola sua relevancia histórica. Gobernou os territorios da “Galiza Compostelá” dende o 1.090 ata o 1.107. Coñecido co alcume de Reimundo de Borgoña, a sua chegada a Corte foi posibel grazas as boas relacions de Afonso VI con abade Hugo de Clunny (Francia) e de que Reimundo era sobriño de él (e polo tanto emparentado tamén coa raiña Constança), e a haber respondido este e o seu primo Enrique a chamada militar do rei. Moitos nobres galegos opuséronse a crecente influenza dos que chegaban de Clunny (tamén do clero), e dirixidos polo conde Rodrigo Ovéquiz e o bispo compostelán Diego Páez, conspiraron pra coroar rei a Guillermo o Conquistador, rei normando de Inglaterra, que unha vez morto este, o plan derrumbóuse. (Os nobres Ovéquiz foron desterrados e Diego Páez foi preso, humillado e torturado e acusado de traizón, sendo xulgado no Concilio de Husillos no 1.088, librándose grazas a intervención do Papa Urbano II, que declarou nulo o xuizo. Porén, 2 anos despois, Diego Páez e despoxado da sua categoria de bispo no Concilio de León de 1.090. Acabaria os seus dias exiliado en Aragón, onde morreu). A morte do "rei preso" Garcia II no ano 1.090, supuso “ un estorbo menos” e fai decidir o rei Afonso VI entregar o goberno de Galicia con Portugal a sua filla Urraca, casada con Reimundo de Borgoña, co título de condes. Pra apracar as ansias de poder dos nobres portugueses, Afonso VI crea despois no 1.095 o Condado de Portugal pra a sua filla Tereixa e o seu marido Enrique, primo de Reimundo, e no que o condado portugués recoñecia a soberania do galego, e este a sua vez a superior do reino galaico-leonés, nunha excelente mostra de como funcionaba o poder feudal. O Conde Reimundo súpose apoiar ben en Diego Xelmirez, o que nomeou primeiramente administrador da diócese compostelán no 1.094, e mais tarde influeu e apoiouno pra que o nomearan bispo no 1.100. O inmenso poder que chegou a acadar Xelmirez co paso do tempo, e sobradamente coñecido, chegando incluso a acuñar moeda, algo insólito naquelos tempos. O nacemento do infante Sancho, fillo de Afonso VI e da moura Zaida, tira por terra os plans de Reimundo de herdar a Coroa como marido da sucesora ao trono, Urraca; e acada un “Pacto Sucesorio” co seu primo Enrique de Chalón (ou de Lorena) casado con Tereixa, filla do rei Afonso e irmán de Urraca.
O conde Reimundo de Borgoña morre no outono de 1.107, bastante antes de que o fixera seu sogro, o rei Afonso VI, no 1.109. Dous anos antes de morrer, naceu o fillo varón de Reimundo e de Urraca, Afonso Reimundez, que sería o futuro rei e emperador Afonso VII, pois o fillo do rei Afonso VI, Sancho, seria morto na batalla de Uclés (Cuenca) no 1.108. Como vemos, un autentico “xogo de tronos” na nosa terra...
URRACA (1.109- 1.110... 1.125) as mortes do seu home Reimundo no 1.107, do seu irmanastro Sancho no 1.108 e do pai e rei Afonso VI no 1.109, foron as consecuencias polas que Urraca acadou o trono naqueles tempos, e que logo o seu fillo Afonso Reimundez, coñecido como Afonso VII, lle quitou. Malia que antes da sua morte, o rei Afonso VI deixara escrito que si Urraca casaba de novo perderia o trono e pasaria o seu neto Afonso Reimundo, este aconsellou o casamento dela co rei de Aragón, Afonso I o Batallador. E coroada raiña en Toledo no 1.109 e no outubro dese mismo ano casa con Afonso o Batallador, nun delicado momento en que os almorávides estaban atacando Extremadura e nun perigo inminente dos musulmans cercaren Toledo, como así foi posteriormente. Nese mesmo ano, Urraca e Afonso o Batallador, acordan a “Carta de Arras”, na cual se repartian o poder, os territorios e as condicions en caso de fillos ou divorcio. Neste documento, o fillo de Urraca e de o Conde Reimundo, Afonso Reimundez, quedaba fora do acordo matrimonial, pero xa o rei Afonso VI deixara mandado que o seu neto herdaria a Galiza Occidental no caso de que Urraca casara novamente, coma era este o caso. Esta voda non gustou nada a nobreza galega, e o Conde de Traba, Pedro Froilaz, aio do infante (protector, instructor e tutor) e o bispo Xelmirez, coroan na Catedral de Santiago en setembro do 1.111, rei de Galicia a Afonso Reimundez, nomeado Afonso VII. Urraca veuse forzada a aceptar, e ainda que constaba nos documentos como raiña coma él, a relidade e que perdeu a soberania de facto sobre os territorios de Galicia e Portugal. Hai revoltas por todo o reino e asaltanse varias fortalezas. Afonso o Batallador ataca Lugo e no Castelo de Monte Roso, vence os partidarios de Afonso VII. No castelo de Ribadavia, foron apresados Pedro Froilaz, Xelmirez e Afonso VII grazas a traizón do nobre Arias Perez. Afonso VII e levado preso o castelo de Pena Corneira, en Ourense, sendo ceivado pouco despois por orde da sua nai Urraca, que nun golpe de timón, rompe toda relación co seu marido aragonés, entrando en disputa e guerra con él e defendendo os dereitos dos galegos, que veñen sendo os do seu fillo. Debido a que o rei aragonés Afonso o Batallador tiña o dominio das terras leonesas e casteláns, a raiña Urraca convoca Cortes en Santiago na Pascua do 1.112, pra consultar e recibir o apoio de toda a nobreza galega (laicos e eclesiásticos) pra facer unha guerra aberta contra o aragonés, na que todos aportan bens económicos e materias pra tal empresa. Despois de unha serie de batallas, Afonso o Batallador repudia oficialmente a Urraca no Concilio de León de 1.114, facendo caso da petición de anulación do matrimonio do Papa, por razons de consaeguinidade. Este feito repón legalmente a Urraca como raiña de Castela, pero ainda así, o Conde de Traba e o bispo Xelmirez atacan algunhas terras e cidades pra confirmar a autoridade. Finalmente, seria o Papa Pascual II o que obrigará a entregar as vilas e cidades leonesas e casteláns a os lexítimos gobernantes da raiña. Resoltos os problemas co seu ex-marido, empezanlle a Urraca os do seu fillo Afonso VII, que levou a enfrontalos a ambos militarmente, recibindo Afonso o apoio do Conde de Traba e de Xelmirez. Cando Urraca foi cercada polas tropas do fillo Afonso (aliado coa sua tia Tereixa de Portugal) no castelo de Vila Sobroso, en Ponteareas, consegue fuxir do cerco e envia as tropas pra asediar Santiago, pra forzar o Conde de Traba e a Xelmirez a negociar con ela. E foi así como no 1.116 en Sahagún, se reuniron bispos e nobres de todos os territorios de Gallaecia, pra reestructurar e organizar a Coroa e os intereses da raiña Urraca e o seu fillo rei Afonso VII, que serian confirmados, plasmados e asinados no Pacto de Tambre no 1.117 ( e que mais tarde, a partires do 1.118, facilitarian que Afonso VII fose coroado rei tamén en Toledo). Estes acercamentos e entendimentos entre os reis e os seus leais, que levou tempo facelos, non sempre foron entendidos nin acetados polo pobo. Famosa é a insurreción do pobo do 1.116 ou 1.117, na que a raiña Urraca e o bispo Xelmirez foron rodeados e atacados na Catedral de Santiago, na que incluso se incendiou a torre na que estaban. Xelmirez logrou fuxir disfrazado, pero a raiña Urraca foi apaleada, humillada e arrastrada espida pola que hoxe e coñecida como Rua da Raiña. Tivo autoridade e dominio sobre os territorios de León e Castela, pero con moitos problemas, polas intermitentes relacions co aragonés Afonso o Batallador.
Nos últimos anos da sua vida, Urraca mantivo unha relación amorosa co conde castelán Pedro González de Lara. En 1.125, quedou gravemente enferma do parto do terceiro fillo de ambos, e no mes de marzo do 1.126, aos 45 anos de idade, morre na vila de Saldana, en Palencia, unha muller que foi unha das mais importantes e valentes raiñas que nunca foron vistas.
A partires de ese momento, Afonso VII, reinou só, malia que tivo fortes opositores.
Seguiremos outro dia...

primeiro Parlamento no pazo de Xelmírez, 19 de diciembre de 1981

 Tras ser la sede provisional del Parlamento de Galicia —desde su constitución el 19 de diciembre de 19811​ hasta que se trasladó al pazo de Fonseca, en verano de 1982Imagen

Imagen                                                      

Ley 8/1985, de 13 de agosto, de elecciones al Parlamento de Galicia.

Publicado en:
«DOG» núm. 156, de 16/08/1985, «BOE» núm. 248, de 16/10/1985.
Entrada en vigor:
17/08/1985
Departamento:
Comunidad Autónoma de Galicia
Referencia:
BOE-A-1985-21380
Permalink ELI:
https://www.boe.es/eli/es-ga/l/1985/08/13/8/con

  Imagen


lunes, 8 de enero de 2024

Galegos pela historia. Um comentario do senhor Ibn Hawqal

  



   Este senhor árabe do século X, escreve como era o mundo naquela altura. Os galegos estavamos num dos momentos do topo da historia. Asim o acredita ele. 

FONTE: "Confiruguració do mundo" de Ibn Hawqal
Pódese consultar/descagar de balde neste enlace https://www.anubar.com/.../TM%2026%20Ibn%20Hawkal...
Tamén podedes consultar/descargar de balde unha manchea de libros que recollen documentos medievais no seguinte enlace: https://www.anubar.com/coltm/index.htm
 
   rapinhado daquí.: https://www.facebook.com/groups/reinodagaliza/permalink/1487055168744974/

 "Configuración do mundo" de Ibn Hawqal 

Nenhuma descrição de foto disponível.

Pode ser uma imagem de texto

sábado, 30 de diciembre de 2023

Reino medieval Galiza. A toma de Almería.

 


Imos olhar a impressionante marcha dum grande exército galego.
     O Poema de Almería, "Praefatio Almeriae" (Prefacio de Almería) ou "Carmen de expugnatione Almariae urbis" (Cantar da conquista da cidade de Almería) é um poema épico do ano 1149 atribuído a Arnaldo Bispo de Astorga, escrito em latim medieval e narrado a jeito de crónica. Foi engadido ao final da "Chronica Adefonsi imperatoris"; umha crónica do reinado de Afonso VII. No poema nárrase a victoriosa campanha militar cristiá do ano 1147 que remataría coa conquista de Almería em Outubro desse ano.
 
Esta campanha realizada ao jeito das Cruzadas (acadou o "rango" de Cruzada otorgado polo Papa Eugenio III), na que participou umha aliança de reinos peninsulares e extrapeninsulares, foi liderada polo próprio Afonso VII.
Afonso rei de Galiza, de Leom, de Castela e de Toledo fora consagrado como monarca sendo um cativo no ano 1111 polo Bispo e militar ("baculum et ballista") Diego Gelmirez na basílica de Compostela. Com esta cerimonia, tanto o bispo como o aio de Afonso, o Conde de Traba Pedro Froilaz, procurabam que, no caso de que a súa nai Urraca ("filia Hildefonsi [Afonso VI] senioris Galliciae regis", "totius Gallecia domina” e "totius Gallecie imperatrix"), casada nesse intre em segundas nupcias co rei Afonso de Aragom e Navarra, tivesse um filho deste nom se visem afectados os dereitos do futuro Afonso VII ao trono como legítimo herdeiro do seu avó Afonso VI e, em todo caso, do seu pai Raimundo de Borgonha.
Á morte da súa nai, no 1126, herda o reino de Leom emprendendo, tamém, a recuperación do reino de Castela, que estava baixo o dominio de Afonso I de Aragom e Navarra. Coas Paces de Támara de 1127, púxose fin á disputa entre os dous monarcas e Afonso VII foi reconhecido tamén como rei de Castela e de Toledo.
Em 1135 foi corado "Imperator totius Hispaniae", mais nas crónicas tamém aparece como "Adefonsi imperatoris Yspanie et Gallecie", "Imperante Adefonsus imperator in Gallecia" ou, simplesmente, como "Adelfonsus rex Galliciae".
  Na grande força militar que atacou Almería naquela campanha de 1147, ademáis dos exércitos dos diferentes reinos de Afonso VII, participarom, entre outros, os exércitos dos reinos de Portugal, de Aragom e de Navarra, dos condados de Urgel e de Barcelona, das repúblicas de Pisa e de Génova (este último condado e repúblicas participerom com marinha de guerra), do Senhorio de Montpellier e tamém Cavaleiros Cruzados.
 
O Poema de Almería, na parte que narra o avanço dos exércitos de terra, fálanos em detalhe de cal deles é o que encabeça o contingente de tropas, abrindo o caminho polo território inimigo:
"Longa quies Crux est, bellandi gloria lux est. |
Maius est mensis. Procedit Galliciensis, |
Percepta Jacobi primo dulcedine sancti. |
Ut caeli stellae sic fulgent spicula mille. |
Mille micant scuta, sunt arma potenter acuta, |
Est plebs armata, nam cuncta manet galeata; |
Ferri tinnitus et equorum nempe rugitus; |
Surdescunt montes; exsiccant undique fontes; |
Amittit tellus pascendo florida vellus; |
Pulvere prae nimio vilescunt lumina lunae,"
Traduzido:
 "Longo descanso é a cruz e esplendorosa é a gloria de guerrear. É o mes de Maio. Adiantam-se as espadas de Galiza, percebendo primeramente as doçuras de Santiago.
Como as estrelas do ceo, assim refulgem milheiros de lanzas.
Milheiros de escudos centelham e as armas estam poderosamente afiadas.
A multitude está armada e atopa-se toda coberta de capacetes.
O tilintar dos aceiros e os relinchos dos corcéis ensurdecem os montes. Por todas os lugares deixam baleiras as fontes.
A terra entrega para o pasto as súas flores laúdas.
Coa inmensa poeira escurecem os raios da Lúa"
 
Semelha que é este um exército galego cumha imagem poderosa, moi numeroso, bem armado e cunha imponhente cavalaria (um dos corpos militares máis estimados na Idade Media). Nada que ver coa tradicional imagem dunha Galiza medieval ilhada, pobre, débil e militarmente sumisa que vende a historiografía espanhola. Mais vejamos que máis di o poema daquel exército do reino da Galiza:
"Splendor et aethereus frustratur lumine ferri. |
Strenuus hanc sequitur turbam Consul Fredinandus. |
Regali cura moderando Gallica jura. |
Imperatoris erat nati tutamine fultus. |
Hunc si vidisses fore Regem jam putavisses; |
Gloria regali fulget, simul et Comitali. |
Florida milities post hos urbis Legionis, [...]"
Traduzido: "e a claridade do ar esvaece-se á refulgência do aceiro. Acompanha a esta hoste o aguerrido Consul [significando o máis alto cargo de governo num território e no mando dum exército] Don Fernando
que governa a lei em Galiza por encargo do rei, e honrado coa tutela do filho do Emperador. Si o vírades pensaríades que el era um rei brilando á par coa súa glória de Conde e coa de Soberano.
Detrás destes, a florida milicia da cidade leonesa [...]"
Pois efectivamente; a descriçom poética que da o texto deste exército e do seu valoroso comandante (que semelhaba máis um rei que um conde) fainos pensar, pola súa dramatizaçom, que a visiom da súa marcha devia de ser algo verdadeiramente impressionante.
E quem era aquel tam importante Conde Fernando?;
     pois ninguém outro que Fernando Peres de Traba, filho do anteriormente referido Conde Pedro Froilaz de Traba. Foi Fernando o líder da nobreza galego-portuguesa e moi influente nas cortes reais (assinava nos documentos como "Comes Fernandus de Gallecie"); foi tamém Adiantado do Emperador Afonso VII e titor do filho deste, o futuro rei de Galiza e de Leom, Fernando II, um rei que estará moi apegado á Galiza (país onde chegou a contraer matrimónio coa filha do rei de Portugal Afonso Henriques e onde está soterrado por próprio desejo na Catedral de Santiago) ja que pertencía a um medio social, cultural e lingüístico galego pola súa formaçom com Fernado Peres de Traba e a súa poderosa e influínte familia. Tal era a vinculaçom dos dous Fernandos que, já antes da morte de Afonso VII, o Conde aparece coasinando documentos co Príncipe aparecendo este co título de rex. E mesmo Fernando II chegou a casar, em segundas nupcias, com Tareixa Fernandes de Traba, neta do Conde.
Crónicas da época como a 'Chronica latina regum castellae" considera que a súa influência foi determinante para que, no testamento de Afonso VII, Galiza e Leom (herdados por Fernando II) se separasem de Castela e Toledo (herdados polo tamém filho de Afonso, Sancho).
Outras crónicas destacam de Fernando Peres de Traba o seu valor na referida conquista de Almería.
Demostra-se, umha máis vez, que aquela pobre imagem da supostamente sumisa Galiza medieval da que fala a historiografía espanhola vê-se truncada pola verdadeira Galiza chea de arte e cultura dominantes que já temos visto noutros artigos, ateigada de mosteiros, castelos e catedrais, com moi importantes e influentes nobres que educavam a emperadores e a reis, e que, polo visto, dispunha duns impressionantes grandes exércitos.
 
Fonte:Grupo facebook reino medieval de Galiza. 
 https://www.facebook.com/groups/reinodagaliza/?multi_permalinks=1482076895909468%2C1483017095815448%2C1482708012513023%2C1482150315902126%2C1482516792532145%2C1481386915978466%2C1481537712630053%2C1481920742591750%2C1481521319298359%2C1481908429259648&notif_id=1703838117358140&notif_t=group_highlights&ref=notif

miércoles, 22 de noviembre de 2023

Notas de historia. A Casa dos Castro e a Galiza do século XIV.


Representação do século XIX de Inês de Castro, no teto da Sala dos Reis, Quinta da Regaleira, Sintra, Portugal

undefined 

 Fernando Ruiz de Castro nun cadro do século XVII no Pazo dos condes de Ficalho, en Serpa, Portugal. Foi o último Castro que morreu no exilio em Bayona, Francia, despois de pertecer o bando perdedor na guerra entre Pedro I e Enrique II Trástamara.

     Já se falou  diste tema no blog:    aquí.  E Aquí. 

Alguns nomes da época que andavam por alí, neste século XIV. 

 Fernando Rui de Castro,Pedro Fdez de Castro, Alfonso IV de Portugal, Pedro I de Portugal,  Joãao de Avis, Fernando I,  Inês de Castro, Joana de Castro, Pedro I de Castela, Enrique II Trástamara, Duque de Lancaster, Alcobaças, , Conde de Andeiro, Conde Arraiolos, Casa de Trava, Casa de Trastámara, Avignón, Cisma de Occidente, Braga, Santiago, Conde de Lemos, Sarría, Ribeira e Cabreira, Guerra dos cem anos, Duguesclin, Comendeiro de Santiago, Adiantado maior de Galicia, Pardo de Cela, Os Andrade, Santa Irmandade de Galicia, Irmandinhos, Pardo de Cela, Pedro IV o ceremonioso de Aragón, casa de Bercelona, Joán I de Aragón o cazador, Martimho Ide Aragón  o humano, Alfonso IV de Castela, Alfonso XI de Castela. 

      Fazendo fição,  podíamos dizer,  que um  jornal do Reino de Portugal,  dava  no seu  manchete  esta  notícia no ano 1355 no día sete de janeiro:  

       Ontem na   Corte em Coimbra foi  assassinada  dona INÊS DE CASTRO, dama da corte, namorada do herdeiro  a coroa  portuguesa,  o infante  Dom  Pedro. O casal teve  dous filhos,  bastardos,  pois por oposição do  seu pai  o rei  Dom Afonso IV e certa parte da nobreza cortesa não permitirom o casamento oficial ou legítimo, que Dom Pedro  desejava fazer com Inês. 

      A dama receveu  varias coiteladas  por parte de duas persoas da nobreza cando esta  nos seus aposentos privados, no lugar da Quinta das Lágrimas . O príncipe moi apenado acusou ò seu pai do assassinato e prometeu que cando for rei faria jurar a toda nobreza lealdade a Inês e considerâ-la rainha de Portugal. Dona Inês vai ser enterrada  no mosteiro de  Alcobaça no lugar do panteão dos reis de Portugal. 

      Inês era galega, nascida na Limia, e filha de Dom  Pedro Fernádez de Castro, o da guerra,  senhor da casa dos Castros , a familia mais importante da nobreza galega. Dom  Pedro Fernádez de Castro é o  senhor de Lemos,Sarria, Ribeira e Cabreira e  conde de Trastámara. É mor-domo maior do rei de Castela Alfonso XI, adiantado maior de Galicia, pertigueiro de de Santiago e comendeiro de Lugo. Era neto por parte materna do rei Sancho IV de Castela e tataraneto do último rei de Galiza e León Afonso VIII. D. Pedro coa morte do seu pai no 1304, cando ainda era un neno, foi trasladado a corte de Portugal para educar-se. Educou-se e criou-se co infante Pedro Afonso, conde de Barcelós, e filho ilegítimo do rei D. Dinis. No 1320, con dezaseis anos retornou a Galiza pra ocupar o dominio da casa de Lemos. Morreu faz dez anos desta noticia, em Algeciras em  1343,  em combate comtra  os mouros.

       Até aquí a noticia dos feitos. Esta fição de noticia é , mais ou menos, o que  nos chegou por parte da historiografia oficial portuguesa e espanhola. Embora surge-nos pronto umas perguntas:

       Inês de Castro,  além da sua relação romántica e amorosa, jogava um papel político, ou a sua morte tem mais que ver coa geopolítica da época e a influências que a simples relação do príncipe Fernando?

       A resposta é um sim. Detrás do que significava que a galega Inês de Castro pudesse ser a mulher oficial do rei de Portugal da-nos pé pra investigar e,  deixando a um lado a historigrafia espanhola e portuguesa, que  elementos de poder político e partidos políticos da nobreza estavam envoltos em todo este sarilho que chega a que um rei mande assassinar a mãe de dous dos seus netos e namorada do seu filho. Tal vez, sem dúvida, no rei D. Alfonso IV pesou mais a política estratégica de evitar un casamento cuma nobre galega que o facto de ser ela quem era na sua familia. Na idade Media os matrimonios jogam um papel fundamental nas confluências políticas. A política exterior e os equilibrios de poder faziam-se  por medio de matrimonios. 

             Como é que uma familia nobre galega, que na historiografía espanhola nem conta pra nada, salvo menção colateral obrigada, e sendo a familia nobre mais forte da Galiza, cual é a relevância de Galiza para a corte portuguesa que consigue que uma filha de D. Pedro Fernández de Castro vaia casar co herdeiro português?. 

        É evidente que a resposta só pode ser uma. O poder quase real dos Castro como nobreza que dominava Galiza. 

        Ainda mais, como é que esta casa da  nobreza galega, além de ter uma filha pra ser rainha de Portugal, tem outra mais Joana de Castro irmá de Isabel, que casa co rei de Castela D. Pedro I, que pasou a historia dos perdedores com o nome do  Cruel. Certo que Joana só foi casada com Pedro uma noite da que quedou prenhada e tuvo um filho.?  

     Pois uma prova mais da importância e o poder da Casa galega dos Castro. Situando-nos na Idade media, ainda que só fosse uma noite pra que houver casamento co rei tinha que haver influência política da casa de Lemos. Sem dúvida foi um selo de lealdade que Pedro I buscou na casa nobre mais forte da Galiza. 

      Então estamos ante a casa de nobreza rectora do Reino de Galiza. Fora teima de Fernando II,(1157-1188  reinado) rei galego enterrado em Compostela, buscar ou potenciar una casa nobre que sustituira a dos Froila na liderança da nobreza galega.

      Os Froila, conde de Traba e Trastámara acabarom extinguindo-se em outras familas da nobreza. Antes disso a sua  relevância histórica é fundamental. Só recordar que um Traba vai educar o  neno , futuro Afonso VII, que sera coroado rei de Leão por Gélmirez na catedral de Santiago. Este Traba casaria com Dona Teresa de Portugal, mai de Afonso Henriques primeiro rei de Portugal, depois de estar enviudar do seu marido Henrique  de Borgonha.

      Neste caso, século XIV encontramos em pleno apogeo a Casa de Lemos regida polos Castro. Os seus territorios extendiam-se dende  a fronteira coas terras do Reino de Leão, já  Terra de foris, e comprendíam o  Bierzo até meia Galiza de hoje, chegando as terras dos Andrade que abrangiam Vilalba, Pontedeume e Ferrol.



 

 

 

 

 


 


Seminario de Estudos Galegos.

 Imagen

Hai 100 anos, un 12 de outubro de 1923, ponse en marcha o Seminario de Estudos Galegos, ao que pertenceron Castelao, Alexandre Bóveda, Otero Pedrayo, Losada Diéguez, Antón Fraguas e tantos outros. O seu obxectivo: estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
      A Ideia e os primeiros pasos são dados por Losada Diéguez. A causa da creaçãp da  instituição era a defensa da cultura galega que era completamente alhea  o ensino e a investigação da Universidades de Compostela. 
      Coa chegada da guerra civil foi disolto, e o réxime permitiu a creação do Instituto padre Sarmiento de estudos galegos, atualmente dependente do CSIC. No ano 1978 foi de novo  rehabilitado  o Seminario de Estudos Galegos. 

domingo, 15 de octubre de 2023

Vermudo II, un rei galego desde o Cantábrico até o Mondego

 

Vermudo II, un rei galego desde o Cantábrico até o Mondego. 

Hai 1041 anos, concretamente 15 de outubro de 982, Vermudo II foi coroado na catedral de Santiago de Compostela como rei da Galiza. Membro do círculo familiar dos Goterres e pai de Afonso V, actuou como instrumento do partido galego na delicada conxuntura de finais do século X.

A loita pola hexemonía entre os distintas territorios vai cruzar a vida do reino cristián peninsular na segunda metade do século X. Se tras a morte de Ramiro II, criado en Celanova e membro do clan dos Goterres, o seu fillo Sancho I xoga a carta de Castela e León, o que provoca o enfrontamento cos galegos que impoñen como monarca ao seu irmán Ordoño III, unha situación semellante vaise vivir cos fillos destes Ramiro III e Vermudo II. Un é outro defenden intereses contrapostos, sintetizando a súa presenza no trono o predominio dunha ou outra facción no Goberno do reino cristián peninsular.

As novas circunstancias xeopolíticas na península, como consecuencia da debilidade do reino navarro e da ruptura do pacto entre Ramiro III e o califa de Córdoba, levaron os galegos a impulsaren unha nova candidatura ao trono. Neste contexto, produciuse o 15 de outubro de 982, na Catedral de Compostela  a coroación oficial de Velasquita e Vermudo II,   quen xa actuaba desde finais do ano anterior como monarca galego á vista do recollido nunha doazón ao mosteiro de Guimarães, fundado por Mumadona Dias, a matriarca do clan dos Méndez e “irmá de sangue” de Ramiro II.

A entronización de Vermudo e Velasquita

O acto de entronización de Vermudo e Velasquita foi toda unha declaración de intencións do programa político do monarca e do novo núcleo de poder no reino. A presidencia do mesmo correspondeu a San Rosendo, que volveu a Compostela após ser apartado da cadeira episcopal por Rodrigo Vasques, home de Ramiro III na Galiza, para impor o seu fillo Paio Rodrigues como bispo. Ao tempo, estiveron presentes os membros do núcleo central da oligarquía galega como Gonzalo Mendes e os seus fillos, Goterre Osorio, Aloito Fernandes, Rodrigo Ordoñes ou Froila Vímaras.

O novo rei non conseguiu o control efectivo do reino até finais de 984. Se desde 981 a área galega portuguesa xa estivo rexida polo novo monarca, este atopou resistencia nunha parte das terras leonesas e castelás. Así as cousas, Vermudo actuou durante tres anos como rei privativo da Galiza, asumindo o control doutras zonas da coroa a partir de mediados de 984. Malia que a historiografía españolista retrasa até 985, data da morte de Ramiro III, a entronización de Vermudo en León, á altura de 984 as terras de Saldaña xa estaban baixo o seu Goberno, resistíndose até o final o condado de Castela, en mans de García Fernández, fillo de Fernán González, co apoio das tropas musulmás.

Vermudo vai actuar en política como un instrumento do partido galego. O seu círculo familiar está formado polos Goterres, destacando entre estes Mendo González, conde de Portugal, titor do fillo de Vermudo, Afonso V e pai da súa esposa, a futura raíña Elvira Mendes. Ao tempo, o monarca liga lazos con esta familia ao casar con Velasquita Ramíres membro da saga dos Guterres, como filla de Adosinda, irmá de San Rosendo e da raíña Goto e filla de Santa Aldara. O propio Vermudo fai  parte tamén deste grupo familiar, na súa condición de neto de Ramiro II, fillo de Elvira Mendes.

Os Goterres

O circulo dos Goterres significa o núcleo central de poder da monarquía hexemónica no espazo cristián peninsular e evidencia a orixe galega de todos os reis e raíñas desde finais do século IX até comezos do século XIII. Unha viaxe pola rama paterna de Vermudo , neste caso a dos Goterres, onde San Rosendo xoga o papel de cabezaleiro, certifica que sete mulleres desta familia, rematan como raíñas, Elvira Mendes, Adosinda Goterres, Aragonta Gonzales, Goto Nunes, Teresa Ansures, Velasquita Ramires e Elvira Mendes.

A historiografía españolista non adoita a ser xusta con Vermudo. Coñecido como o Gotoso, por sufrir da doenza de gota, alcume imposto polo seu inimigo Paio de Oviedo, o seu cronista, o bispo Sampiro cualifícao de “prudente”, porén o relato maioritario colócao como un monarca incapaz, seguindo a liña argumental aplicado a aqueles reis que se teñen caracterizado durante a súa vida polo enfrontamento con Castela. Ao tempo, as circunstancias políticas marcadas polo grande vigor do Califato de Córdoba e dunha endiañada situación interna non van facer doada a súa xestión.

A valoración negativa sobre este monarca galega está condicionada polo sentido da súa acción de goberno. Precisamente, toda a súa vida política está cruzada cun duro enfrontamento co partido castelán, que tentaba o control dunha parte do Reino da Galiza, naquela altura conformado por un amplo territorio, cuxos lindes chegaban desde o Cantábrico até o Mondego e desde o Atlántico ás terras de Araba e Castela.


Sétima Legião - Reconquista

 Banda portuguesa dos anos 80. Curiosa esta canção de letra histórica e mitológica na que fala dos celtas,  da Galiza e das conquistas dos nossos reis e a Reconquista contra os mouros.


 

Dos mares da Irlanda e das costas da BretanhaVão partir velas ao SolHá bandeiras desfraldadas, torres, lanças, brilham espadasVão reconquistar o SulOs Celtas que vão partirQuando o Sol nascer...Grinaldas nas ameias, ardem asQue não nos podem queimarGaiteiros enfeitados, vão tocar cantos passadosPor aqui vai começarE vem dançar, vem dançarAté o sol nascerDas ribeiras da Galiza, através da Ibéria antigaEm nome dos nossos ReisRetomar as fortalezas, "Sant'Iago e aos Mouros"Para impor as nossas leisOs Celtas que vão partirQuando o mar crescer...Ignorem-se os presságios que nos falam de naufrágiosVão partir velas ao solSão guerreiros enfeitados que ao som de cantos passadosVão reconquistar o SulMas vem dançar, vem dançarAté o sol nascer...
Dos mares da IrlandaGaiteiros GuerreirosBandeiras FogueirasCastelos Reconquista

 

jueves, 10 de agosto de 2023

Nin atraso, nin illamento: así era Galicia antes da romanización. Unha visita o Castro de San cibrão de Las.

 Barrio oeste Las lado sur.JPG

"Galicia sempre navegou nas marxes do mundo, vestida con este traxe da fin da terra. Aínda non foi quen de sacar o dengue do illamento e a camisa do atraso. Pero aos poucos, vaise espindo de tópicos. Non. Galicia non é a fin do mundo. Xa era o centro mesmo antes de ser Gallaecia. O noroeste funcionaba como unha rótula cultural, articulación entre o mundo atlántico e o mediterráneo. Un pobo entre dous mundos. Os galaicos que habitaban o castro da Lanzada estaban a catro días de navegación de Cádiz e a outros catro de Cardiff. Era máis doado ir de Sanxenxo a Andalucía que a Madrid. Alá vai o mantelo: nin illamento, nin atraso, nin economía de subsistencia. «Esas influencias que chegan primeiro do norte e logo do sur conflúen aquí e dan lugar a que se desenvolva unha cultura máis avanzada do que pensabamos» en contacto directo con altas culturas, como o mundo púnico, «que teñen moita influencia no desenvolvemento dunha expresión cultural propia como é o mundo dos castros»".

Fonte da cita, La voz de Galicia.  

    Ia falar simplemente duma visita recente, ainda não fai moito tempo,  o Castro de San Cibrao de Lás, nos concelhos de Punxim e San Amaro, na comarca e bisbarra do Carbalhinho. No meio disso encontrei-me con esta cita da "Voz", na que me gustou por sintetizar e expressar moi bem o que eu queria expressar despois da minha visita. 

      Em primeiro de todo recomendo e mais ainda aconselho a tomarem como obriga o irem  o Castro de San Cibrao. Creio que qualquer galego com uma cultura mínima, ou qualquer cidadão que tenha posibilidade,  seja de onde for, não deveria de adiar esta visita, se for posível. A entrada é gratis, de graça como diriam os nossos galegos do sul, além Minho. Por outro lado o castro  está situado num enclave moi bem situado em quanto a facilidade para  achegar-se pois fica  moi perto, a vinte kilómetros,  da cidade de Ourense,  por ponher um claro referente. 

      Já no castro  encontramo-nos com um bem aproveitado e apresentado centro de interpretação atendido dum persoal jovem, moi preparado,  que fai de tudo uma  agradável visita. Alí naquela mestura da grande história duma cidade castrexa cuns jovens galegos a explicarem e a saberem tanto e bem dessa história, sente-se o peso vivo duma identidade cultural e política que e um dos alicerces da etnoformação da futura Gallaecia e do Reino da Galiza. Bem gastos estão os cartos que aquí se hajam invertido, o pôr em valor esta história fai parte da propia conciencia e autoestima como povo.

        A citânia de Briteiros em Braga que recentemente visitei seja tal vez o povoado galaico mais grande, mehlhor conservado e que  reflicte a estarmos alí a imagem das costumes usos e cultura do povo dos galaicos que alí habitavam. É sem duvida uma visita interessantísima e gratificante. 

         Poucas diferenças se podem encontrar entre uma e outra. Em troques o que sim clarifica e uma mesma cultura occidental  no noroeste peninsular atlántico. É racha o mito de que por este lares não havia nada antes de chegar os romanos. Havía e moito e moita cultura já avançada e en nada isolada.

      Em resumo tanto na visita a San Cibrãao de Lás, como a Briterios, como a Santa Tegra etc.  tomados como grandes reagrupamentos de população que vivía na altura da cultura dos castros, tiramos varias conclusões.

       Galiza, a Galiza histórica que abrange tanto a hoje Galiza norte além do Minho, como a Galiza Sur dende o Minho até o Douro, está enchida de citânias e castros. E a região da Península com mais vestigios de cultura prerromana, salientando por exemplo a diferençã com o que hoje e Castilla-León que  não tem apenas restos de cultura prerománica. 

       Destaca sobremaneira a elevada cultura destes galaicos que ainda não tiveram contacto com Roma, que supostamente trouxe-lhes todos os conhecimentos e que eles ainda viviam em culturas prehistóricas. Sempre temos vulgarmente o conhecimento de que antes de Roma aquí vivia-se nas covas de Altamira. Despois de estas visitas e bem distinta a imagem que percebemos dos nossos antepasados. A tendência a sincretizar a historia, cousa evidente na historiografía feita para nós os vulgares, produz em nós uma memoría cativa de sobrevalorar por vezes os mitos imperiais das grandes conquistas e a influência de determinados personaxes para explicarmos os movementos sociais e as culturas dos pobos case sempre feitas por pobo chan coas élites locais. Os romanos trouxerom moita tecnologia nova, moita organização social, novas arquitecturas e a influência dum imperio que percorría oriente e occidente, innegável. 

      Mas os galaicos neste caso, ou outros povos indígenas dum territorio, não tinham nada que oferecer, tudo é novo em eles a partires, neste caso, da conquista romana?.  A resposta e simples, os romanos vinham a buscar as materias primas e a explotar o territorio, de não haver nada que apanhar por cá, iriam-se pronto,  como fizerom nas ilhas británicas num momento determinado. Encontrarom uma cultura, umas riquezas e uma organização social que supo mergulhar-se nos adiantos que os romanos traziam, e dando um salto na história inaugurar uma nova época mais romanizada que foi a organização política da Gallaecia.